viernes, 1 de mayo de 2020

Funcións executivas


Os estaredes preguntando... ¿Que son as funcións executivas? ¿Para que serven?
Pois as función executivas son as que nos permiten actuar cun propósito determinado. Por exemplo,  cando seguimos os pasos para lavar os dentes, ao tomar a decisión de cruzar un paso de cebra ou non, elixir a roupa en función do tempo que fai e moitas outras situacións que transcorren no noso día a día. Parecen cousas sinxelas, pero cada acción supón unha serie de procesos cognitivos que nos permiten levalas a cabo. De maneira máis formal, Shallice, defíneas no ano 1988 como os procesos cognitivos de alto nivel que nos permiten asociar ideas, movementos e accións simples para levar a cabo tarefas máis complexas.
Estas habilidades non son completamente innatas, senón que se van adquirindo ao longo da vida e ademais se poden ir mellorando e adestrando.
A continuación podedes descargar un pack de fichas para adestrar as vosas funcións executivas de maneira divertida, a través de sopas de letras, crucigramas, labirintos, descricións, procura de obxectos iguais, seguir series...
Boa fin de semana!


PACK FICHAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario