viernes, 12 de junio de 2020

Oracións interrogativas

Bos días, no xogo interactivo de hoxe tedes que colocar a pregunta coa resposta correspondente.

Que teñades unha boa fin de semana.


jueves, 11 de junio de 2020

Pilota o avión

Bos  días! No xogo de hoxe, teredes que dirixir o avión cara aquelas palabras que son adxectivos.


miércoles, 10 de junio de 2020

Clasifica as palabras en adxectivos, substantivos ou verbos.

Recordemos, os adxectivos expresan as calidades das cousas, os substantivos designan os seres vivos, os pensamentos ou cousas materiais, e por ultimo, os verbos expresan accións.


martes, 9 de junio de 2020

Xogo do aforcado

O xogo consiste en buscar letras para conseguir adiviñar as palabras (poden ser sinónimas ou antónimas). Coidado! Si fallades as letras irá aparecendo un debuxo... Adiviñádeo antes de que apareza colgado o boneco.


domingo, 7 de junio de 2020

Rimas

Para comezar a semana, toca buscar palabras que riman. Recordade, tedes que fixarvos en como acaban as palabras.

Espero que o pasedes ben xogando.


viernes, 5 de junio de 2020

Que sirve para...?

Lede a frase, e pinchade no obxecto que creedes que é o correcto. Decide o nome do obxecto se o coñecedes.

Espero que teñades unha boa fin de semana. Un saúdo.


jueves, 4 de junio de 2020

Sopa de letras

Como vos dixen onte, a entrada de hoxe é unha sopa de letras na que tedes que buscar os animais da granxa.

Primeiro localizade a palabra e despois tedes que pinchar nos debuxos, o animal que é.

Espero que as encontredes todas, ánimo!


miércoles, 3 de junio de 2020

A granxa

Hoxe tedes un xogo interactivo para traballar a atención, a lectura e o vocabulario dos animais da granxa. Os recomendo xogar, xa que mañá a entrada será unha sopa de letras con ese vocabulario. Os mais pequenos podedes participar coa axuda dun adulto que vos lea as etiquetas.

Unha forte aperta!


martes, 2 de junio de 2020

Forma oracións con senso

A tarefa de hoxe está dirixida a alumnado de Primaria. Consiste en colocar correctamente as palabras para formar oracións con senso. So tedes que arrastras as palabras para poñelas en orde.

Unha pista... Sempre se comeza a escribir con letra maiúscula.


lunes, 1 de junio de 2020

Xogo Interactivo


Comezamos a semana con un xogo interactivo para traballar a lectura e a atención. Lede a etiqueta e desprazar ao debuxo correspondente. Os mais pequenos tamén podedes xogar, pedide axuda a un adulto para que os lea o que pon cada etiqueta
Que teñades bo día!



viernes, 29 de mayo de 2020

Comprensión de frases

Bos días. No xogo de hoxe teredes que relacionar a frase que aparece coa imaxe correspondente para conseguir a maior cantidade de números posíbel. Os mais pequenos, podedes pedir axuda a un adulto para que os lea a frase.
Que pasedes bo día!

jueves, 28 de mayo de 2020

Xogo Antónimos


O xogo de hoxe, consiste en unir antónimos. Como vimos en entradas anteriores, son aquelas palabras que teñen significados opostos.
Que teñades bo día!

miércoles, 27 de mayo de 2020

Estalar globos


Estala os globos que levan palabras para que caian dentro do vagón do tren que leva a súa definición.

martes, 26 de mayo de 2020

KAHOOT D/R

Bos días!!!! Sabedes o que é un Kahoot? Trátase dun xogo, neste caso é para traballar a diferenza entre as palabras que se escriben con d e as que se escriben con r, xa que o alumnado en ocasións mostra dificultades.
Simplemente tedes que pinchar xusto debaixo, poñer o voso nome e darlle ao botón verde “OK go!”
Seguro que conseguides chegar ao mais alto do ranking, ánimo!


lunes, 25 de mayo de 2020

Atención


Bos días! A continuación tedes unha imaxe para traballar a atención e a concentración. Simplemente tedes que abrir o documento e intentar encontrar os obxectos que se propoñen na parte de abaixo. Abride ben os ollos!


viernes, 22 de mayo de 2020

Concurso das caixas


Bos días! No xogo creado hoxe, practicaremos os fonemas R, S,e Z. O xogo consiste en elixir a palabra que está ben escrita e pronunciala.
Espero que vos guste, boa fin de semana.

jueves, 21 de mayo de 2020

Golpea as toupas con vogais

Golpea as toupas con R forte


Bos dias! Creei esta actividade para o alumnado que ten dificultades para pronunciar a R forte, pero podedes intentar xogar todos, xa que é moi divertido. Tedes que golpear as toupas que teñan escrita algunha palabra co fonema R forte.

Descrición de monstros


Hoxe podedes facer esta ficha interactiva na que teredes que escoitar as descricións para investigar a que monstro refírese.
Estou segura de que o faredes moi ben, ánimo!



miércoles, 20 de mayo de 2020

Practicamos a pronunciación


Bos días! Hoxe traballaremos a pronunciación.
Como sempre, comezaremos con un exercicio de praxias (teredes que imitar as cariñas que pon o neno) e outro de sopro (facer pompas). Ambas aparecen recollidas no primeiro PDF para descargar.
Despois tedes uns contos para traballar diferentes fonemas: C, R, F. (lelos, repetir as palabras cos fonemas nos que tedes dificultades, buscar outras palabras que empecen por eses fonemas...)
Con esforzo e constancia seguro que o conseguides!


PRAXIAS E SOPRO
CONTO FONEMA /C/
CONTO FONEMA /R/
CONTO FONEMA /F/

martes, 19 de mayo de 2020

Comprensión


Bos días! As actividades de hoxe son para traballar a comprensión.
Unha actividades é para o alumnado de Educación Infantil, na que teñen que colorear o debuxo en función das instrucións e a outra para o alumnado mais pequeno de Educación Primaria, na que teñen que ler o texto para completar o debuxo.


Descargar E.I.
Descargar E.P.

lunes, 18 de mayo de 2020

Seguir instruccións


Bos días familias! Como a semana pasada estivemos repasando o vocabulario da cociña, hoxe propoño unha actividade de seguir instrucións para repasar ese vocabulario.
Unha aperta!



viernes, 15 de mayo de 2020

Día da Familia


Hoxe, 15 de Maio, celebrase en todo o mundo o Dia da familia. A ONU afirma a importancia da familia como un lugar privilexiado para a educación., xa que é o lugar de crecemento, onde encontramos protección e seguridade.
Por ese motivo poño a vosa dispor o conto de “Un puñado de botóns” (adaptado con pictogramas) que explica aos mais pequenos os diferentes tipos de familias que existen na sociedade, se preferides podedes ver o vídeo do conto e despois facer o xogo.


Macro Puñado De Botones Multicolores Para La Ropa En Un Fondo De ...



Libro adaptado "Un puñado de botóns"

Xogo Día da Familia

"As pitas baixo a choiva"

Hoxe déixovos un vídeo  “As pitas baixo a choiva”, fai alusión a unha publicación de Ricardo Carvalho Calero que fai referencia a súa infancia.


jueves, 14 de mayo de 2020

Letras Galegas


Bos días! Como o domingo é 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, na entrada de hoxe e de mañá teremos xogos relacionados para conmemorar este día e coñecer mais datos de Ricardo Carvalho Carelo, autor ao que se homenaxea este ano.


Para comezar, tedes unhas diapositivas que falan un pouco de Carvalho Carelo e despois poderedes xogar ao Bingo das letras galegas (inclúe unha primeira páxina con homenaxeados polas Letras Galegas, cada un con un número ao lado, e os cartóns. Polo que só teredes que escribir os números en anacos de papel, metelos nunha bolsa, remexer e.... sorte!



miércoles, 13 de mayo de 2020

Fonema /S/ e /Z/


Hoxe seguiremos traballando a diferenza entre o fonema S e Z. A continuación tedes dous contos para traballar ditos fonemas de maneira lúdica.
Recordade: Para pronunciar o fonema S correctamente, a lingua debe estar escondida na súa casa e os seus lados deben tocar as moas superiores.
Para pronunciar o fonema Z correctamente, a lingua asómase a porta da súa casa.

RECOPILACIÓN MATERIALES PARA TRABAJAR LA DISCRIMINACIÓN DE LOS ...


martes, 12 de mayo de 2020

Contos para traballar os valores


Bos días! Hoxe déixovos dous contos para os mais pequenos, nos que se tratan diferentes valores.
Os nenos/as reciben moitos estímulos, por iso é importante que saiban discernir o que é a xenerosidade e o que é o egoísmo, a importancia de respectar as persoas, o medio ambiente, ser empáticos... E unha das formas é a través das lecturas.
Pájaro Amarillo (Monstruo Rosa): Amazon.es: de Dios Ruiz, Olga ...POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA - Rayuelainfancia



lunes, 11 de mayo de 2020

vocabulario cociña


Bos días! Comezamos a semana con unha actividade nova: unha ficha interactiva que podedes facer aquí mesmo.
Neste caso imos a traballar o vocabulario relacionado coa cociña. Só tedes que escoitar que obxecto os manda colocar e unha vez que acabedes, debedes pinchar en “terminado” para elixir a opción de “comprobar mis respostas”.
Espero que vos guste.


viernes, 8 de mayo de 2020

Comprensión E.I.

Bos días! Hoxe comparto material para traballar a comprensión e a discriminación visual do alumnado de Educación Infantil.
Simplemente deben de sinalar a imaxe relacionada coa frase que aparece encima.
Unha aperta e feliz fin de semana.

COMPRENSIÓN

jueves, 7 de mayo de 2020

COMPLETAR FRASES


A actividade está formada por láminas nas que tedes que ler a pregunta e elixir a palabra para completala e noutros casos formúlase unha pregunta e aparecerán opcións de resposta para que escollades a correcta.
Despois de cada lámina teredes a opción correcta para que deste modo podades autocorrixirvos.
Espero que vos guste, bicos!



miércoles, 6 de mayo de 2020

FEMININO/MASCULINO


Hoxe traballaremos a conciencia semántica a través do xénero das palabras (masculino e feminino).Teredes que ler as palabras de cada ficha e unir coa que corresponda, por exemplo: león (masculino) o uniríamos con leona (feminino).
Seguro que sodes capaces de facelo, ánimo!

martes, 5 de mayo de 2020

Pronunciación S/Z


Bos días! Comezamos a semana traballando a diferenza entre o son S e o Z.
Recordade que cando pronunciamos o son S a lingua está “agochada” (dentro da boca e ensinando os dentes), pero no caso do son Z a lingua “asómase” pola porta (a boca).
Podedes facer antes algún exercicio de praxias e sopro que tedes na pestana de “ Articulación”.
Ánimo, recordade que os pequenos esforzos de cada día son a suma do éxito.







viernes, 1 de mayo de 2020

Funcións executivas


Os estaredes preguntando... ¿Que son as funcións executivas? ¿Para que serven?
Pois as función executivas son as que nos permiten actuar cun propósito determinado. Por exemplo,  cando seguimos os pasos para lavar os dentes, ao tomar a decisión de cruzar un paso de cebra ou non, elixir a roupa en función do tempo que fai e moitas outras situacións que transcorren no noso día a día. Parecen cousas sinxelas, pero cada acción supón unha serie de procesos cognitivos que nos permiten levalas a cabo. De maneira máis formal, Shallice, defíneas no ano 1988 como os procesos cognitivos de alto nivel que nos permiten asociar ideas, movementos e accións simples para levar a cabo tarefas máis complexas.
Estas habilidades non son completamente innatas, senón que se van adquirindo ao longo da vida e ademais se poden ir mellorando e adestrando.
A continuación podedes descargar un pack de fichas para adestrar as vosas funcións executivas de maneira divertida, a través de sopas de letras, crucigramas, labirintos, descricións, procura de obxectos iguais, seguir series...
Boa fin de semana!


PACK FICHAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

jueves, 30 de abril de 2020

S, Z, R, r, trabadas, F, K, D


A continuación tedes uns documentos para traballar as dificultades articulatorias.
O primeiro documento é común e nel encontraredes un exercicio de praxias e outro de sopro.
Unha vez realizado, debedes escoller o documento ou documentos que fagan referencia as vosas dificultades articulatorias (S, Z, R, F, K, D)

miércoles, 29 de abril de 2020

Adiviñas Primavera


Aínda que non o pareza polo tempo que temos, estamos en Primavera... Así que hoxe déixovos unhas adiviñas con vocabulario de esta estación do ano. Pinchade no enlace que pon “ADIVIÑAS PRIMAVERA” para empezar a xogar. Encontraredes dúas eleccións: con opción de resposta (os dará tres repostas da adiviña para que elixades a correcta) ou se queredes probar con maior dificultade, elixide sen opción de resposta. O final de cada adiviña os aparecerá a resposta e tedes opción de lela vos mesmos ou poñer o audio para que vola diga de voz.
Espero que vos gusten.
Flores Silvestres, Flores, Planta, Macro

martes, 28 de abril de 2020

Conciencia Fonolóxica das Vogais



Bos días!
Déixovos un documento para os mais pequenos do cole. A finalidade é traballar a conciencia fonolóxica das vogais. 
A maioría dos nenos/as a adquiren de maneira natural pero outros precisan algo de axuda... Mirade con atención tódolos debuxos que aparecen, decide o seu nome e colorear aqueles que comecen pola vogal que se indica.
Unha aperta grande!



lunes, 27 de abril de 2020

Pinzas letreiras


Comezamos a semana con este xogo para practicar a lectoescritura.
Primeiro escribimos letras nas pinzas da roupa. Barallámolas e xogamos a crear palabras, a quen é capaz de formar a palabra mais longa ou ben dinnos unha palabra e escribímola.
Eu formei esta:



viernes, 24 de abril de 2020

GYMKHANA LITERARIA


Este ano mais que nunca é importante que a lectura nos acompañe, xa que favorece estar sans mentalmente.
Na entrada anterior podedes encontrar contos para ler, e hoxe propóñovos unhas probas relacionadas con libros que seguro que coñecedes. Son actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e primeiros cursos de Educación Primaria. Poderedes completar as palabras con vogais, trabalinguas, probas de mímica, adiviñas, story cubes e moitos máis.
Que teñades unha boa fin de semana.

GYMKHANA LITERARIA

jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro


Bos días! Hoxe como sabedes, é 23 de Abril e conmemórase a nivel mundial o día do libro. Por ese motivo tedes na páxina do cole un vídeo con todos os vosos libros preferidos, espero que vos guste! Ademais déixovos no blog uns cantos contos para que poidades deixar voar a vosa imaxinación.
Pero antes.... uns datos que seguro que non coñeciades:
A Unesco elixiu esta data en 1995, aínda que en España xa se celebraba o día do libro fai décadas. Polo que a data non é froito do azar, senón que é un día importante na historia da literatura, xa que foi un 23 de Abril cando morreron importantes autores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega, William Wordsworth ou Josep Pla, e tamén naceron ese mesmo día Manuel Mejía Vallejo, Maurice Druon ou Halldór Laxness.
Pinchade no título do libro e desfrutade moito!
Autor: Maurice Sendak
Autora: Isabelle Carrier
Autora: Olga de Dios

miércoles, 22 de abril de 2020

Sopro/ D-R


Bos días!
Hoxe tedes dúas actividades, unha de sopro e outra de discriminación do fonema R e D.

No documento da actividade de sopro explícovos os materias necesarios e como elaborar a “miñoca”. É moi doado e poden xogas os nenos/as de tódolos cursos, incluído os de Infantil.

O segundo documento, é do Blog aulapt.org se presentan varias actividades para traballar a diferenza entre o fonema R e o fonema D, a través de cartas para traballar vocabulario, completar palabras con D ou R e rodear a palabra escrita correcta, se non sabedes ler pódevos axudar un adulto.

Un saúdo.


martes, 21 de abril de 2020

Lectoescritura


Ola familias!
A actividade que presento é do Blog aulapt.org. Está dirixida a alumnado que ha iniciado o proceso de lectoescritura pero que aínda comete erros.
Trátase de cartas con tres opcións por imaxe, debedes lelas e elixir cal das opcións é a correcta. Se tedes oportunidade de imprimir o documento, veredes un espazo onde escribir a palabra seleccionada, se non podedes facelo nun papel aparte.
Espero que todo siga ben nas vosas casas, ánimo!


DESCARGAR CARTAS MIXTAS

lunes, 20 de abril de 2020

Comprensión de descricións


Bos días! Empezamos a semana con actividades para traballar a comprensión de oracións curtas con vocabulario que fai referencia as descricións.
No primeiro documento teredes que ler a frase e asociar a descrición coa persoa axeitada, e no segundo deberedes colorear e acertar a casa do robot en función das pistas. (blog aulapt.org)


Un saúdo!

viernes, 17 de abril de 2020

Labirintos


Sei que ao alumnado encántalle os pasatempos, por iso nesta entrada encontraredes labirintos formados por letras.
A través do xogo melloraredes a capacidade de persistencia, a concentración, a motricidade fina... Non esperedes mais para resolvelos. Ánimo, boa fin de semana!

DESCARGAR LABIRINTOS