Bos días!
Hoxe tedes dúas actividades, unha de sopro e outra de discriminación
do fonema R e D.
No documento da actividade de sopro explícovos os materias
necesarios e como elaborar a “miñoca”. É moi doado e poden xogas os nenos/as de
tódolos cursos, incluído os de Infantil.
O segundo documento, é do Blog aulapt.org se presentan varias
actividades para traballar a diferenza entre o fonema R e o fonema D, a través
de cartas para traballar vocabulario, completar palabras con D ou R e rodear a
palabra escrita correcta, se non sabedes ler pódevos axudar un adulto.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario