jueves, 30 de abril de 2020

S, Z, R, r, trabadas, F, K, D


A continuación tedes uns documentos para traballar as dificultades articulatorias.
O primeiro documento é común e nel encontraredes un exercicio de praxias e outro de sopro.
Unha vez realizado, debedes escoller o documento ou documentos que fagan referencia as vosas dificultades articulatorias (S, Z, R, F, K, D)

miércoles, 29 de abril de 2020

Adiviñas Primavera


Aínda que non o pareza polo tempo que temos, estamos en Primavera... Así que hoxe déixovos unhas adiviñas con vocabulario de esta estación do ano. Pinchade no enlace que pon “ADIVIÑAS PRIMAVERA” para empezar a xogar. Encontraredes dúas eleccións: con opción de resposta (os dará tres repostas da adiviña para que elixades a correcta) ou se queredes probar con maior dificultade, elixide sen opción de resposta. O final de cada adiviña os aparecerá a resposta e tedes opción de lela vos mesmos ou poñer o audio para que vola diga de voz.
Espero que vos gusten.
Flores Silvestres, Flores, Planta, Macro

martes, 28 de abril de 2020

Conciencia Fonolóxica das Vogais



Bos días!
Déixovos un documento para os mais pequenos do cole. A finalidade é traballar a conciencia fonolóxica das vogais. 
A maioría dos nenos/as a adquiren de maneira natural pero outros precisan algo de axuda... Mirade con atención tódolos debuxos que aparecen, decide o seu nome e colorear aqueles que comecen pola vogal que se indica.
Unha aperta grande!



lunes, 27 de abril de 2020

Pinzas letreiras


Comezamos a semana con este xogo para practicar a lectoescritura.
Primeiro escribimos letras nas pinzas da roupa. Barallámolas e xogamos a crear palabras, a quen é capaz de formar a palabra mais longa ou ben dinnos unha palabra e escribímola.
Eu formei esta:



viernes, 24 de abril de 2020

GYMKHANA LITERARIA


Este ano mais que nunca é importante que a lectura nos acompañe, xa que favorece estar sans mentalmente.
Na entrada anterior podedes encontrar contos para ler, e hoxe propóñovos unhas probas relacionadas con libros que seguro que coñecedes. Son actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e primeiros cursos de Educación Primaria. Poderedes completar as palabras con vogais, trabalinguas, probas de mímica, adiviñas, story cubes e moitos máis.
Que teñades unha boa fin de semana.

GYMKHANA LITERARIA

jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro


Bos días! Hoxe como sabedes, é 23 de Abril e conmemórase a nivel mundial o día do libro. Por ese motivo tedes na páxina do cole un vídeo con todos os vosos libros preferidos, espero que vos guste! Ademais déixovos no blog uns cantos contos para que poidades deixar voar a vosa imaxinación.
Pero antes.... uns datos que seguro que non coñeciades:
A Unesco elixiu esta data en 1995, aínda que en España xa se celebraba o día do libro fai décadas. Polo que a data non é froito do azar, senón que é un día importante na historia da literatura, xa que foi un 23 de Abril cando morreron importantes autores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega, William Wordsworth ou Josep Pla, e tamén naceron ese mesmo día Manuel Mejía Vallejo, Maurice Druon ou Halldór Laxness.
Pinchade no título do libro e desfrutade moito!
Autor: Maurice Sendak
Autora: Isabelle Carrier
Autora: Olga de Dios

miércoles, 22 de abril de 2020

Sopro/ D-R


Bos días!
Hoxe tedes dúas actividades, unha de sopro e outra de discriminación do fonema R e D.

No documento da actividade de sopro explícovos os materias necesarios e como elaborar a “miñoca”. É moi doado e poden xogas os nenos/as de tódolos cursos, incluído os de Infantil.

O segundo documento, é do Blog aulapt.org se presentan varias actividades para traballar a diferenza entre o fonema R e o fonema D, a través de cartas para traballar vocabulario, completar palabras con D ou R e rodear a palabra escrita correcta, se non sabedes ler pódevos axudar un adulto.

Un saúdo.


martes, 21 de abril de 2020

Lectoescritura


Ola familias!
A actividade que presento é do Blog aulapt.org. Está dirixida a alumnado que ha iniciado o proceso de lectoescritura pero que aínda comete erros.
Trátase de cartas con tres opcións por imaxe, debedes lelas e elixir cal das opcións é a correcta. Se tedes oportunidade de imprimir o documento, veredes un espazo onde escribir a palabra seleccionada, se non podedes facelo nun papel aparte.
Espero que todo siga ben nas vosas casas, ánimo!


DESCARGAR CARTAS MIXTAS

lunes, 20 de abril de 2020

Comprensión de descricións


Bos días! Empezamos a semana con actividades para traballar a comprensión de oracións curtas con vocabulario que fai referencia as descricións.
No primeiro documento teredes que ler a frase e asociar a descrición coa persoa axeitada, e no segundo deberedes colorear e acertar a casa do robot en función das pistas. (blog aulapt.org)


Un saúdo!

viernes, 17 de abril de 2020

Labirintos


Sei que ao alumnado encántalle os pasatempos, por iso nesta entrada encontraredes labirintos formados por letras.
A través do xogo melloraredes a capacidade de persistencia, a concentración, a motricidade fina... Non esperedes mais para resolvelos. Ánimo, boa fin de semana!

DESCARGAR LABIRINTOS
                                                                            

jueves, 16 de abril de 2020

Secuencias Temporais


Dentro das actividades lúdicas que axudan ao desenvolvemento cognitivo está a de ordenar secuencias temporais. Esta actividade permite ao alumnado estruturarse mellor mentalmente, desenvolver a atención e a percepción visual ao ter que fixarse en detalles que determinan a orde cronolóxico, favorecer a expresión oral cando verbalizan a secuencia e estimulan a súa intelixencia.
Na linguaxe tamén é importante seguir unha serie de secuencias, xa que existen regras para ordenar os fonemas, para formar palabras (por exemplo o uso dos prefixos e sufixos) e incluso para construír oracións.
A continuación tedes tres PDF para traballar as secuencias temporais que van de menos a mais dificultade. O alumnado debe establecer a orde das viñetas e despois explicar a un adulto a situación que se presenta.
Unha aperta!


miércoles, 15 de abril de 2020

Actividades para Infantil


Nesta entrada propoño tres tipos de actividades que fago nos Programas de Estimulación da Linguaxe para favorecer a competencia comunicativo-lingüística co alumnado de Educación Infantil. Encontraredes onomatopeas, láminas para traballar a grafomotricidade e xogos de diferenzas.

No caso das onomatopeas, deben de imitar os sons. Deste modo exercitan os órganos implicados na fala, melloran a fluidez verbal e se corrixen as disfuncións articulatorias dalgúns sons.

Respecto a  grafomotricidade, a finalidades é estimular as funcións motoras finas, de maneira que consigan unha axeitada coordinación óculo manual.

Por último, as láminas de diferenzas, son importantes para traballar a capacidade de atención e concentración, que son fundamentais no proceso de aprendizaxe.

Aclarada a importancia que ten cada tarefa para os mais pequenos da casa, podedes descargar os documentos pinchando aquí debaixo:


Unha aperta familias!

martes, 14 de abril de 2020

Relaxación


Os exercicios de relaxación son beneficiosos para todos, sexas unha persoa tensa ou non, xa que aprendemos a ser conscientes de cada parte do noso corpo, mellora a circulación, diminúe o estrés, regula as enerxías e incrementa a capacidade de concentración entre outros.
Concretamente, dende a miña especialidade, é importante especialmente á hora de pronunciar de maneira correcta, é imprescindible que os órganos bucofonatorios estean relaxados. Hai nenos/as que manifestan tensión na mandíbula, labios, lingua... o que ocasiona que non coloquen a lingua no lugar correcto ou que aperten moito os labios, polo que o son non sae cando debe.
Por este motivo, na entrada de hoxe vouvos deixas uns enlaces con vídeos onde podedes practicar a relaxación de diferentes partes do corpo.


1)    Vídeo do Blog de Eugenia Romero para traballar a relaxación da cara e do pescozo. PINCHA AQUÍ
2) Vídeo para traballar a relaxación seguindo as instrucións do “Método Koeppen”. PINCHA AQUÍ
3)    Vídeo para traballar a relaxación a través da iniciación do ioga. PINCHA AQUÍ

lunes, 13 de abril de 2020

Seguimos practicando o fonema /R/


Bos días! Hoxe a proposta está dirixida a aquel alumnado que ten dificultades para pronunciar o fonema /R/.
A continuación encontraredes dous PDF, un contén “O xogo da ra” e o outro trátase dun listado de palabras que conteñen dito fonema.

Recordade, este son, se efectúa facendo pasar o aire entre a lingua e o padal, polo que a punta da lingua debe tocar lixeiramente (sen apertar) a zona que se encontra detrás dos dentes. O aire debe pasar por ese espazo para conseguir unha vibración entre o padal e a punta da lingua (isto o conseguirás facendo que a lingua ocupe todo o ancho dos teus dentes superiores, como si lle puxeras unha manta a túa dentadura superior). Por último, para producir a vibración, é indispensable que a lingua estea relaxada.

Practica moito. Seguro que o conseguirás!


DESCARGAR: "XOGO DA RA"

DESCARGAR: "LISTADO PALABRAS /R/"

jueves, 9 de abril de 2020

Emparella Antónimos



Moitos de vos xa sabedes o que son os antónimos, pero imos a repasalo...

Os antónimos son palabras que teñen significados opostos entre si. Como por exemplo: triste - alegre. Poden referirse a adxectivos, verbos, adverbios ou substantivos. Esta actividade é unha forma de enriquecer o noso vocabulario e polo tanto, de mellorar a nosa competencia lingüística.

É doado... ¿verdade? Pois preme en descargar, a ver si eres quen de emparellalos.

Antónimos - ejercicios en español - palabras con significado contrario


lunes, 6 de abril de 2020

"Yo mataré monstruos por ti"


Hoxe quero presentarvos a adaptación dun conto que realizou Marta Paredes, unha compañeira de profesión que parece ter súper poderes, titúlase: “Yo mataré mostruos por ti”.
Nel poderedes coñecer a historia de Martina, ir respondendo as preguntas que se formulan durante o relato, e ao final encontraredes un xogo e monstros para colorear.

A que esperades!!

Yo mataré monstruos por ti', de Santi Balmes - El Buscalibros


domingo, 5 de abril de 2020

Sopas de Letras


Como podemos exercitar o noso cerebro de maneira divertida...? Pois con unhas entretidas sopas de letras. Neste caso teredes que buscar palabras de animais salvaxes, domésticos, acuáticos e aéreos. 
Espero que vos gusten.


  

                                                                    DESCARGAR



sábado, 4 de abril de 2020

Forma oracións!

Hoxe preséntovos unha actividade do blog “Siembra Estrellas”, dirixida a alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria. Consiste en colocar correctamente as palabras para formar oracións.

Aprender, La Palabra, Scrabble, Cartas, De Madera





¿Seredes capaces? 

viernes, 3 de abril de 2020

Comprensión Lectora


Boa tarde familias!

 A continuación poño ao voso alcance unha serie de fichas de comprensión lectora, destinadas a reforzar a lectura comprensiva de maneira lúdica. Espero que os vosos/as nenos/as desfruten lendo.

Centro Cultural Ciudadano La Bufanda - Lectura comprensiva

As lecturas comprensivas axudan a potenciar e reforzar as habilidades que se precisan á hora de comprender e analizar textos. Non debemos pensar que o importante é que lean moitos textos, se non que lean amodo, deténdose a analizar e asimilar, para poder interiorizar o que están a ler.

Podedes descargalas aquí: DESCARGAR

Dificultades Articulatorias


Bos días! Déixovos unha serie de orientacións e actividades para aquelas familias con alumnado que ten dificultades de pronunciación. Son actividades moi divertidas para reforzar a articulación a través do xogo.
Como veredes, a entrada consta de tres bloques: O primeiro dirixido ao soplo, o segundo a os movementos orofaciais e o terceiro vai adicado ao fonema R. O convinte é realizar unha actividade de cada un dos bloques, durante 15 ou 20 minutos ao día, e polo menos tres días á semana.
Antes de comezar, gustaríame que tivésedes en conta as orientacións.


ÁNIMO FAMILIAS!




PROGRAMACIONES DE AUDICIÓN Y LENGUAJE | Lenguaje oral, Audición y ...





OBSERVACIÓNS PARA AS FAMILIAS

-       É moi importante que os nen@s teñan a necesidade de falar, non vos conformedes cos seus xestos, non debedes adiantarvos a darlle as cousas, deixar que as pidan verbalmente.
-       Acepten con ánimo todos os intentos de mellora da articulación que fagan os nen@s. Así os potenciarán.
-       Evitar as comparacións con outros nen@s da mesma idade. Cada persoa é única e que a súa evolución e tempo de maduración pode ser similar a de outros nen@s pero nunca idéntica.
-       Se o fill@ persiste en pronunciar unha palabra de forma incorrecta, non o angustiedes, pero recórdelle (dicíndoa ben usted) como é correctamente, para que entenda que a mala articulación no se da por boa.
-       Tamén é importante non falarlles con “linguaxe de bebé”, xa que iso o retería nun grao de infantilismo afectivo e lingüístico.
-       Non exixades un esforzo que non sexa capaz de realizar, a maior catástrofe que nos pode ocorrer é que o nen@ néguese a falar.

Polo tanto... ¿Que podemos facer?
-       O ideal é que falen lentamente, con entoación normal e pronunciación clara
-      Evitar repetir as palabras mal articuladas aínda que sexan graciosas, xa que iso reforzará unha articulación errónea.
-       Utilizar un vocabulario axeitado para a súa idade.
-       Propoñer situacións comunicativas para favorecer a expresión oral (cantar cancións, contar contos, memorizar refráns, adiviñas, xogos de palabras...)
-     Amosar confianza, ofrecer seguridade e motivación, porque as veces poden sentir certa ansiedade ou desánimo.


BLOQUE 1: ACTIVIDADES DE SOPLO

Seguir o labirinto: Empregamos unha corda, ou plastilina para facer un circuíto. Logo cunha pelota de ping-pong (incluso podemos moldear un cachiño de algodón) colocámola nun estremo e… a soprar sen saír do camiño marcado.


Transportar boliñas: Se tedes en casa paxas, xogade a absorber as boliñas e botalas noutro recipiente. Esta actividade tamén a podedes facer con anacos de papel.

Todos a jugar: Colección de Retos y juegos rápidos, del tipo "1 ...

Burbullas: Poñede nun vaso auga e xabón e soprade cunha paxiña para conseguir facer burbullas.

Hacer burbujas con agua, jabón líquido para fregar y agua. Luego ...



Caixa dos ovos: usade unha caixa dos ovos a modo de camiño. Debedes levar a pelotiña ata o final soprando.

Pasamos una tarde con algunas actividades de lectura, motricdad fina y terminamos con una actividad para el motor oral. Era perfecto term... Actividades Motoras Orales, Actividades De Terapia Del Habla, Actividades De Lectura, Actividades Infantiles, Actividades Para Preescolar, Lenguaje En Niños, Estimular El Lenguaje, Categorias Semanticas, Soplo




BLOQUE 2:  MOVEMENTOS  OROFACIAIS

Imitar as imaxes do neno:
 El habla en los niños de 0 a 3 años - COLEGIO MAYOL


Enlaces para traballar as praxias:

https://www.youtube.com/watch?v=ngOZaYCmPq0

https://www.youtube.com/watch?v=zRRjmVimRPw

https://www.youtube.com/watch?v=yPe9F2wiVAc


Dado das praxias:

SUSANA Maestra de A.L.: Dados Sesiones de AL



Seguir as seguintes instrucións para traballar as praxias por zonas:

Praxias linguais
-       Sacar e meter a lingua.
-       Subir e baixar a lingua coa boca aberta.
-       Empuxar as mexelas coa lingua, de un lado a outro.
-       Tocar o labio superior e o inferior coa lingua.

Praxias labiais
-       Intentar dar un bico e despois facer un sorriso sen despegar os labios. Facer o mesmo movemento cos labios pechados.
-       Agochar e mostrar os labios.
-       Imitar as vocais facendo unha correcta posición labial.
-       Buscar morder o labio superior cos incisivos inferiores e despois morder o labio inferior cos incisivos superiores.

Praxias do velo do paladar.
-       Facer gárgaras.
-       Imitar o bostezo.
-       Tomar aire polo nariz e despois expulsalo pola boca en forma de “a”.

Praxias de mandíbula
-       Facer que se mastiga.
-       Movemento de dereita a esquerda da mandíbula inferior.
-       Abrir e pechar a mandíbula lentamente e despois a maior velocidade.



Na maioría dos casos, o fonema no que máis dificultades se observan é o fonema R vibrante. Por iso, neste terceiro bloque farei referencia a como traballalo, a través de xogos, lecturas, ocas, repetición de palabras etc.

 Ejercicios para pronunciar la “R “FUERTE


BLOQUE 3: FONEMA R


Repetir as seguintes palabras: burro, carro, serra, rápido, corredor, arrastra, ruído, ramo, roto, remedio, rosa, recibir, correr, cantar, bailar, terremoto, macarrón, resta, regadeira, Rocío.
(Podedes xogar a buscar outras palabras que leven R forte ou incluso inventalas)


Oca da R: Debedes buscar e imprimir a imaxe, necesitades un dado e algo que faga de ficha de cada un dos participantes. Cando caiades nunha imaxe teredes que dicir o nome. 

Aula virtual de audición y lenguaje



Dicir os nomes dos seguintes debuxos:
 LOTOS FONEMA R SUAVE


Trabalinguas:

A guide to help" trill the double RR " using a " trabalenguas ...


Súper colección de fichas de TRABALENGUAS - Imagenes Educativas



Trabalenguas infantiles para practicar la r | Trabalenguas ...




Lecturas: Lerlles contos ou frases e que repitan as palabras con R forte no caso do alumnado que non sabe ler.


Los terceros de Cobeña: Ficha de lectura de la "r" (sonido fuerte)




                            Imagen relacionada | Lectura, Letra g, Fichas
                  



Páxinas web de interese para traballar o fonema R: