Dentro das actividades lúdicas que
axudan ao desenvolvemento cognitivo está a de ordenar secuencias temporais. Esta actividade permite ao alumnado
estruturarse mellor mentalmente, desenvolver a atención e a percepción visual
ao ter que fixarse en detalles que determinan a orde cronolóxico, favorecer a
expresión oral cando verbalizan a secuencia e estimulan a súa intelixencia.
Na linguaxe tamén é importante seguir
unha serie de secuencias, xa que existen regras para ordenar os fonemas, para
formar palabras (por exemplo o uso dos prefixos e sufixos) e incluso para construír
oracións.
A continuación tedes tres PDF para
traballar as secuencias temporais que van de menos a mais dificultade. O
alumnado debe establecer a orde das viñetas e despois explicar a un adulto a
situación que se presenta.
Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario