Nesta entrada propoño tres tipos de actividades que fago nos
Programas de Estimulación da Linguaxe para favorecer a competencia
comunicativo-lingüística co alumnado de Educación Infantil. Encontraredes
onomatopeas, láminas para traballar a grafomotricidade e xogos de diferenzas.
No caso das onomatopeas, deben de imitar os sons.
Deste modo exercitan os órganos implicados na fala, melloran a fluidez verbal e
se corrixen as disfuncións articulatorias dalgúns sons.
Respecto a
grafomotricidade, a finalidades é estimular as funcións motoras
finas, de maneira que consigan unha axeitada coordinación óculo manual.
Por último, as láminas
de diferenzas, son importantes para
traballar a capacidade de atención e concentración, que son fundamentais no
proceso de aprendizaxe.
Aclarada a
importancia que ten cada tarefa para os mais pequenos da casa, podedes
descargar os documentos pinchando aquí debaixo:
Unha aperta familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario