martes, 14 de abril de 2020

Relaxación


Os exercicios de relaxación son beneficiosos para todos, sexas unha persoa tensa ou non, xa que aprendemos a ser conscientes de cada parte do noso corpo, mellora a circulación, diminúe o estrés, regula as enerxías e incrementa a capacidade de concentración entre outros.
Concretamente, dende a miña especialidade, é importante especialmente á hora de pronunciar de maneira correcta, é imprescindible que os órganos bucofonatorios estean relaxados. Hai nenos/as que manifestan tensión na mandíbula, labios, lingua... o que ocasiona que non coloquen a lingua no lugar correcto ou que aperten moito os labios, polo que o son non sae cando debe.
Por este motivo, na entrada de hoxe vouvos deixas uns enlaces con vídeos onde podedes practicar a relaxación de diferentes partes do corpo.


1)    Vídeo do Blog de Eugenia Romero para traballar a relaxación da cara e do pescozo. PINCHA AQUÍ
2) Vídeo para traballar a relaxación seguindo as instrucións do “Método Koeppen”. PINCHA AQUÍ
3)    Vídeo para traballar a relaxación a través da iniciación do ioga. PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario