viernes, 3 de abril de 2020

Dificultades Articulatorias


Bos días! Déixovos unha serie de orientacións e actividades para aquelas familias con alumnado que ten dificultades de pronunciación. Son actividades moi divertidas para reforzar a articulación a través do xogo.
Como veredes, a entrada consta de tres bloques: O primeiro dirixido ao soplo, o segundo a os movementos orofaciais e o terceiro vai adicado ao fonema R. O convinte é realizar unha actividade de cada un dos bloques, durante 15 ou 20 minutos ao día, e polo menos tres días á semana.
Antes de comezar, gustaríame que tivésedes en conta as orientacións.


ÁNIMO FAMILIAS!




PROGRAMACIONES DE AUDICIÓN Y LENGUAJE | Lenguaje oral, Audición y ...





OBSERVACIÓNS PARA AS FAMILIAS

-       É moi importante que os nen@s teñan a necesidade de falar, non vos conformedes cos seus xestos, non debedes adiantarvos a darlle as cousas, deixar que as pidan verbalmente.
-       Acepten con ánimo todos os intentos de mellora da articulación que fagan os nen@s. Así os potenciarán.
-       Evitar as comparacións con outros nen@s da mesma idade. Cada persoa é única e que a súa evolución e tempo de maduración pode ser similar a de outros nen@s pero nunca idéntica.
-       Se o fill@ persiste en pronunciar unha palabra de forma incorrecta, non o angustiedes, pero recórdelle (dicíndoa ben usted) como é correctamente, para que entenda que a mala articulación no se da por boa.
-       Tamén é importante non falarlles con “linguaxe de bebé”, xa que iso o retería nun grao de infantilismo afectivo e lingüístico.
-       Non exixades un esforzo que non sexa capaz de realizar, a maior catástrofe que nos pode ocorrer é que o nen@ néguese a falar.

Polo tanto... ¿Que podemos facer?
-       O ideal é que falen lentamente, con entoación normal e pronunciación clara
-      Evitar repetir as palabras mal articuladas aínda que sexan graciosas, xa que iso reforzará unha articulación errónea.
-       Utilizar un vocabulario axeitado para a súa idade.
-       Propoñer situacións comunicativas para favorecer a expresión oral (cantar cancións, contar contos, memorizar refráns, adiviñas, xogos de palabras...)
-     Amosar confianza, ofrecer seguridade e motivación, porque as veces poden sentir certa ansiedade ou desánimo.


BLOQUE 1: ACTIVIDADES DE SOPLO

Seguir o labirinto: Empregamos unha corda, ou plastilina para facer un circuíto. Logo cunha pelota de ping-pong (incluso podemos moldear un cachiño de algodón) colocámola nun estremo e… a soprar sen saír do camiño marcado.


Transportar boliñas: Se tedes en casa paxas, xogade a absorber as boliñas e botalas noutro recipiente. Esta actividade tamén a podedes facer con anacos de papel.

Todos a jugar: Colección de Retos y juegos rápidos, del tipo "1 ...

Burbullas: Poñede nun vaso auga e xabón e soprade cunha paxiña para conseguir facer burbullas.

Hacer burbujas con agua, jabón líquido para fregar y agua. Luego ...



Caixa dos ovos: usade unha caixa dos ovos a modo de camiño. Debedes levar a pelotiña ata o final soprando.

Pasamos una tarde con algunas actividades de lectura, motricdad fina y terminamos con una actividad para el motor oral. Era perfecto term... Actividades Motoras Orales, Actividades De Terapia Del Habla, Actividades De Lectura, Actividades Infantiles, Actividades Para Preescolar, Lenguaje En Niños, Estimular El Lenguaje, Categorias Semanticas, Soplo




BLOQUE 2:  MOVEMENTOS  OROFACIAIS

Imitar as imaxes do neno:
 El habla en los niños de 0 a 3 años - COLEGIO MAYOL


Enlaces para traballar as praxias:

https://www.youtube.com/watch?v=ngOZaYCmPq0

https://www.youtube.com/watch?v=zRRjmVimRPw

https://www.youtube.com/watch?v=yPe9F2wiVAc


Dado das praxias:

SUSANA Maestra de A.L.: Dados Sesiones de AL



Seguir as seguintes instrucións para traballar as praxias por zonas:

Praxias linguais
-       Sacar e meter a lingua.
-       Subir e baixar a lingua coa boca aberta.
-       Empuxar as mexelas coa lingua, de un lado a outro.
-       Tocar o labio superior e o inferior coa lingua.

Praxias labiais
-       Intentar dar un bico e despois facer un sorriso sen despegar os labios. Facer o mesmo movemento cos labios pechados.
-       Agochar e mostrar os labios.
-       Imitar as vocais facendo unha correcta posición labial.
-       Buscar morder o labio superior cos incisivos inferiores e despois morder o labio inferior cos incisivos superiores.

Praxias do velo do paladar.
-       Facer gárgaras.
-       Imitar o bostezo.
-       Tomar aire polo nariz e despois expulsalo pola boca en forma de “a”.

Praxias de mandíbula
-       Facer que se mastiga.
-       Movemento de dereita a esquerda da mandíbula inferior.
-       Abrir e pechar a mandíbula lentamente e despois a maior velocidade.



Na maioría dos casos, o fonema no que máis dificultades se observan é o fonema R vibrante. Por iso, neste terceiro bloque farei referencia a como traballalo, a través de xogos, lecturas, ocas, repetición de palabras etc.

 Ejercicios para pronunciar la “R “FUERTE


BLOQUE 3: FONEMA R


Repetir as seguintes palabras: burro, carro, serra, rápido, corredor, arrastra, ruído, ramo, roto, remedio, rosa, recibir, correr, cantar, bailar, terremoto, macarrón, resta, regadeira, Rocío.
(Podedes xogar a buscar outras palabras que leven R forte ou incluso inventalas)


Oca da R: Debedes buscar e imprimir a imaxe, necesitades un dado e algo que faga de ficha de cada un dos participantes. Cando caiades nunha imaxe teredes que dicir o nome. 

Aula virtual de audición y lenguaje



Dicir os nomes dos seguintes debuxos:
 LOTOS FONEMA R SUAVE


Trabalinguas:

A guide to help" trill the double RR " using a " trabalenguas ...


Súper colección de fichas de TRABALENGUAS - Imagenes Educativas



Trabalenguas infantiles para practicar la r | Trabalenguas ...




Lecturas: Lerlles contos ou frases e que repitan as palabras con R forte no caso do alumnado que non sabe ler.


Los terceros de Cobeña: Ficha de lectura de la "r" (sonido fuerte)




                            Imagen relacionada | Lectura, Letra g, Fichas
                  



Páxinas web de interese para traballar o fonema R:








No hay comentarios:

Publicar un comentario